Axudas apicultura

Convocadas as axudas á apicultura para este ano:
✅ Destinadas a:
** As agrupacións de apicultores/as
** Persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, que, entre outros requisitos,acrediten:
– Levar realizando a actividade apícola con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano de
presentación da solicitude de axuda
– Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas
apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda
para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas
– Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose
– Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas
– Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.
–  Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro
de 2023 antes do día 1 de marzo de 2024.
-Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT)
con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2024
1️⃣) Intervención 1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información
e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en
redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as
A esta intervención só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas,
agrupacións de defensa sanitaria (ADS) e asociacións de apicultores/as, con personalidade
xurídica propia
2️⃣)Intervención 2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións, incluídas as destinadas a:
– Intervención 2.1. Loitar contra os invasores e as enfermidades das colmeas, en particular
a varroose.
– Intervención 2.2. Previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e
fomentar o desenvolvemento e a utilización de prácticas de xestión adaptadas a unhas
condicións climáticas cambiantes
– Intervención 2.3. Repoboar as colmeas na Unión Europea, en particular mediante a cría
de abellas.
– Intervención 2.4. Racionalización da transhumancia
– Intervención 2.5. Investimentos en activos tanxibles e intanxibles
3️⃣) Intervención 3. Actuacións para prestar axuda aos laboratorios na análise de produtos
apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente
tóxicas para as abellas
4️⃣) Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar os consumidores
sobre a calidade dos produtos apícolas
5️⃣) Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.
Para o cálculo das axudas terase en conta o número de colmeas que os solicitantes
teñen inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), segundo a declaración
censual anual obrigatoria correspondente ao ano 2023, realizada con data de referencia
do 31 de decembro, antes do 1 de marzo de 2024
– As cantidades e porcentaxe das axudas ven determinada polo tipo de actuación, número de colmeas, e outras variables.
Toda a información na sede electrónica da Xunta, procedementos MR506A e MR506B e no DOG do 8/01/2024:

Pin It on Pinterest

Share This