Axudas carné de conducir
Axudas para os permisos de condución clases B, C e D
Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D
Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:
– Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
– Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
– Non estar traballando por conta propia nin allea.
– Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentación que debe presentarse coa solicitude:
– Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.
– O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A
Máis información no DOG de hoxe 23/01/2024 e na sede da Xunta (procedemento BS321A)