Axudas conciliación persoas traballadoras autónomas
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca estas axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma.
As axudas divídense en tres apartados, incluíndo como subvencionable
– Bono autónomo concilia I:
* Substitución por maternidad e/ou paternidade, unha vez iniciado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e/ou durante a duración do mesmo.
* Substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactancia, e pola duración da dita baixa.
Axuda de 1.100 euros por mes completo e ata un máximo de 8.800 euros
No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez
rematado o período de descanso, axuda de 7.500 euros (incrementada ata 9.000 para certoso colectivos)
– Bono autónomo concilia II:
* a contratación dunha persoa para o coidado de menores, maiores, persoas con discapacidade e/ou dependencia,
axuda de 7.500 euros (incrementada ata 9.000 para certoso colectivos)
– Bono autónomo Concilia III:
* axudas para o pagamento do custo dun centro ou servizo de coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia a cargo da persoa autónoma, será subvencionable o 75% dos custos, ata un máximo de 3.000 euros
▶️ Os gastos subvencionables, abarcan o período entre o 30/09/2023 e o 29/09/2024
▶️ Os tres tipos de axuda son compatibles entre si
▶️ O prazo para solicitar a axuda remata o 30/09/2024
Toda a información no DOG do 24/01/2024 e na sede electrónica (Procedemento TR341R)