Axudas conciliación por reducción xornada laboral
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo
✔️ Obxeto: dirixido a persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas
✔️ Beneficiarios:
?No caso de unidades familiares non monoparentais, de persoas proxenitoras de distinto sexo, poderán ser beneficiarios os homes traballadores por conta allea
?No caso de unidades familiares non monoparentais de persoas proxenitoras do mesmo sexo, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral
?No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral
✔️ Accións subvencionables:
? A redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos, incluíndo tamén a modalidade de redución de xornada por coidado dunha filla ou fillo afectada/o por cancro ou por calquera enfermidade grave, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%. A redución de xornada terá que ser de polo menos o 12,5% da xornada ou porcentaxe equivalente para o caso de que a xornada sexa a tempo parcial
Tamén se subvencionan en casos de adopción e acollemento
?O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous inclusive
✔️ Contía das axudas
1. A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante, de acordo cos seguintes tramos:
a) Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5% e ata o 25% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 1.700 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 2.000 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 2.300 euros.
b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 25% e ata o 37,50% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 2.800 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.100 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.
c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50% e ata o 50% ou máis dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 3.100 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.700 euros
✔️ Requisitos:
a) Estaren empadroadas en calquera concello da Comunidade Autónoma galega
b) Conviviren coa filla ou o fillo durante o período subvencionable. Nos casos en que exista un acordo de custodia compartida, computarase o tempo de convivencia e o cálculo do período obxecto da subvención en proporción, segundo os termos do citado acordo.
c) Os ingresos da unidade familiar non poderán ser superiores a 7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2023
d) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Prazo de solicitude: Ata o 09/09/2024
Toda a información na sede electrónica da xunta:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI440A
e no DOG do 08/08/2024