Axudas do Fondo Tecnolóxico: Programa de Modernización do Comercio
Subvencións convocadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Establécense dúas liñas de axuda: as destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais e as destinadas a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.
– Para poder ser beneficiarix das axudas destinadas a persoas autónomas e PEMES comerciais, deben cumprirse os seguintes requisitos:
a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teña a condición de peme
c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da CNAE-2009, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.
– Actuacións subvencionables
1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
1.1.1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:
a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).
b) Etiquetado electrónico para lineais de venda.
c) Tecnoloxía de control stocks e tecnoloxía RFID.
d) Xestor de colas automatizado.
e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.
f) Probadores interactivos.
g) Software para a xestión loxística do e-commerce.
h) Solucións de ciberseguridade.
i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
k) Terminais de autopagamento para a clientela.
1.1.2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:
a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.
b) Estantes virtuais.
c) Pantallas e mesas interactivas.
d) Tótems publicitarios.
e) Encerados dixitais.
f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.
En todo caso, as actuacións comprendidas nas letras a), b), c), d) e e) deberán situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.
1.1.3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos, a través das seguintes actuacións:
a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.
b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.
c) Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.
– Investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
Persoas beneficiarias |
Investimento máximo subvencionable |
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras |
50.000,00 € |
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras |
100.000,00 € |
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras |
200.000,00 € |
Intensidade da axuda: A porcentaxe da subvención será do 90 % dos investimentos máximos subvencionables
– Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño
– Máis información: DOG do 30/05 e sede electrónica da xunta (procedemento CO300G)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0009_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300G&ano=2023&numpub=2&lang=gl