Axudas estudiantes universitarios estadías noutros países aprender lingua
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca axudas ao alumnado das universidades públicas de Galicia para para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024
– As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2024, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500 para estadías no resto do mundo.
Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario das universidades públicas
que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2023/24 como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2023, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas,
excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe
cursar deberá ser distinto do castelán e deberá corresponderse co idioma oficial do país
elixido.
Prazo de solicitude: ata 15 de marzo
Máis info na web da Consellería de Educación: