Axudas fogar vivo

O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca estas axudas para incentivar o ALUGAMENTO de vivenda na comunidade autónoma de Galicia.

Estas axudas están destinadas a propietarios de vivenda incentivar que as incorporen ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.

As axudas son para:

a) Facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros multirrisco de fogar.
b) Unha axuda para a adecuación e reparación da vivenda.
c) Unha axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación (en diante, axuda vinculada), para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillos/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grao de discapacidade recoñecida

? Actuacións subvencionables 
1. Na execución de obras de adecuación e reparación das vivendas considéranse subvencionables as seguintes actuacións:

a) Obras de conservación e mantemento.
b) Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como as obras necesarias para o correcto funcionamento das súas instalacións e/ou para a súa adaptación á normativa vixente.
c) Axustes na distribución interior da vivenda.
d) Adquisición e colocación de mobiliario de cociña, así como dos seguintes electrodomésticos: neveira, cociña, forno, lavavaixelas e campá extractora

e) Cambio de sanitarios, lavadoras, bañeira e anteparos.

? Contía das axudas
A contía máxima das axudas non poderá superar o límite de 16.000 euros por vivenda, de acordo coa seguinte distribución:

a) Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros multirrisco de fogar: de ata 3.000 euros, desagregados en importes anuais de ata 600 euros, no caso de que a persoa arrendadora sexa unha persoa física, ou de ata 428 euros, no caso de que sexa unha persoa xurídica.

b) Axudas para a adecuación e reparación das vivendas: en función do investimento realizado, terá os seguintes importes:
– Axuda base de ata 5.000 euros: a subvención será do 80 % do gasto xustificado, con independencia do número de actuacións que se realicen, ata un investimento de 6.250 euros.
– Axuda complementaria de ata 6.000 euros, a razón 2.000 euros por cada 10.000 euros de investimento adicional a partir do investimento de 6.250 euros, ou parte proporcional en función do investimento realizado e dos gastos xustificados.

c) Axuda vinculada: 2.000 euros

? Requisitos para obter as axudas do Programa

a) Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a ningún réxime de protección pública.
c) Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento no momento de ofrecerse en alugamento.
d) Estar vinculadas ao Programa durante un período mínimo de cinco ou sete anos, en función de que a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou xurídica.
e) Non ter sido arrendadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á presentación da solicitude da/s axuda/s.
f) Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.

2. Así mesmo, para a obtención das axudas será preciso que os contratos de alugamento cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se sometan á lexislación de arrendamentos urbanos para uso de vivenda habitual e permanente durante todo o tempo do contrato.
b) Que a/s persoa/s arrendataria/s non teña/n vínculo de parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo coa persoa arrendadora.
Este mesmo criterio aplicarase á relación entre a/s persoa/s arrendadora/s e a/s persoa/s arrendataria/s, cando a primeira sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus
socios/as ou partícipes.
c) Ter unha renda mensual durante o primeiro ano de alugamento que non supere os importes establecidos na convocatoria, en función do concello en que estea situada.

No caso da zona do BAIXO MIÑO, excepto Tui (550 euros) , no resto dos concellos non pode superar a cantidade de 450,00 euros

? Prazo de solicitude: a partir do 18 de xullo

? Máis información DOG do 10/07/2025 e sede electrónica de Xunta, procedemento VI426F

Programa Fogar Vivo – IGVS

Pin It on Pinterest

Share This