Axudas Galicia Emprende 2021 para novos/as emprendedores/as
Destinadas a iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de antigüidade
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de abrir a convocatoria das axudas Galicia Emprende 2021. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en réxime de autónomos e as pequenas empresas que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda.
Serán subvencionables os investimentos e gastos que correspondan de xeito indubitable ao proxecto de creación ou ampliación da pequena empresa.
A subvención a fondo perdido será do 80% dos custos subvencionables ata un máximo de 400.000 euros.
Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
REQUISITOS
- Ser técnica, económica e financeiramente viables.
- Ser proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a súa ampliación. Non serán subvencionables as fases de proxectos que non sexan completas nestes termos.
- Deben desenvolverse en Galicia.
- A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado: considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo do proxecto. Ningún dos custos incluídos na solicitude de axuda poderá estar realizado nin comprometido antes da presentación da solicitude de axuda no Igape
PRAZOS DE SOLICITUDE
Ata o 22/02/2021
MÁIS INFORMACIÓN
Ligazón á convocatoria do Igape: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP412