Axudas nova oportunidade persoa autónoma

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca estas axudas dirixidas a persoas que teñan sido autónomas con anterioridade e queren volver a emprender.

Para poder optar a estas axudas, débense cumprir os seguintes REQUISITOS:

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera
outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio
profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023.
b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego
con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.
d) Transcorrer un período mínimo de tres meses entre a nova alta na Seguridade Social
e a anterior baixa.
e) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade
económica ou profesional en Galicia.
f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias
das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades
civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as
soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á
presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.

3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas
que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas
autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén
quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades
mercantís e sociedades laborais.

 

– Contía da Axuda: 10.000 euros

– Prazo de solicitude: 31/10

– Máis información DOG do 31 de maio e sede electrónica da xunta:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0006_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR790A&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This