Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega inscrita no SNGX

A Xunta convocou axudas para a obtención de permisos de condución das clases B e C destinadas a persoas mozas residentes en Galicia e que estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX). A medida ten por obxectivo mellorar a súa autonomía, mobilidade e empregabilidade.

As contías das axudas serán:

-De 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B.

-De 650 euros no caso do permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para ambos permisos.

REQUISITOS

Poderán solicitar estas axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  1. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  2. Estar empadroadas na comunidade autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
  4. Estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado BS321A dispoñible na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PRAZOS

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 13 de setembro de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN

-Normativa:

Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021. (DOG nº 155 do 13/8/2021)

Web de Xuventude: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21524-axudas-para-o-carne-de-conducir

Pin It on Pinterest

Share This