Axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial, curso de ampliación e permisos de condución das clases C e/ou D, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional
A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención do CAP, curso de ampliación e permisos de condución das clases C e/ou D
▶️ Liñas de axuda:
Liña 1: subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto, para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de «ampliación ou promoción», dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.
Liña 2: subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E.
O período subvencionable para ambas as liñas será do 30 de outubro de 2024 ao 30 de outubro de 2025.
▶️ Persoas beneficiarias
- Ter 18 anos
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (30 de outubro de 2024)
- Para seren persoas beneficiarias da liña 1, terán que ter realizado e superado o curso para a obtención do certificado de aptitude profesional. Deberán intentar superar o exame CAP e presentarse, no prazo dun ano desde o remate do curso, a un mínimo de catro convocatorias de exame, salvo que superen o dito exame nas convocatorias anteriores. Non se exixe a superación do exame CAP, pero si a presentación a este polo menos en catro ocasións. En caso contrario, deberán reintegrar o 20 % da axuda recibida.
Para seren persoas beneficiarias da liña 2, deberán obter o/s permiso/s de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E durante o período subvencionable.
- Ter aboado o importe do curso e os custos de matrícula e as clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C e/ou D.
- Cumprir os requisitos xerais establecidos no artigo 11 e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
▶️ Contía da subvención
Na liña 1, fíxase unha contía máxima para subvencionar por alumno para o curso de cualificación inicial, de mercadorías ou de viaxeiros e na modalidade ordinaria ou acelerada de 1.200 €, e o curso de «ampliación ou promoción», para os que xa teñen a cualificación inicial nunha das dúas categorías e desexan obter a outra, nun importe de 300 €.
Na liña 2, fíxase a contía máxima para subvencionar por alumno para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D de 1.200 €.
No suposto de que soliciten as dúas liñas, o importe máximo subvencionable será de 3.900 € por alumno.
▶️ Presentación da solicitude de subvención:
A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (código de procedemento IF310G) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/es/mobilidade.
▶️ Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de outubro de 2025 e finalizará o 30 de outubro de 2025, ou cando se esgoten os fondos.
▶️ Máis información:
DOG do 13/08/2025 e na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento IF310G