Axudas para a renovación de electrodomésticos (Plan Renove 2021)
As solicitudes realizaranse a través de entidades colaboradoras (empresas adheridas ó programa)
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vén de anunciar as axudas para a renovación de electrodomésticos (Plan Renove Electrodomésticos 2021).
Será subvencionable a renovación de electrodomésticos -das tipoloxías indicadas na táboa que figura a continuación- por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética segundo se establece na mesma táboa (clasificación vixente a partir de marzo de 2021).
Electrodomésticos subvencionables |
Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D |
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D |
Lavadora A, B ou C |
Lavalouza A, B ou C |
Encimeras de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas) |
CONTÍA DAS AXUDAS
-A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
-Considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica; e sexan beneficiarios do bono social eléctrico (desconto do 25% para consumidores vulnerables e de 40% para consumidores vulnerables severos). A antedita consideración deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses.
O beneficiario só poderá beneficiarse da axuda correspondente a consumidor vulnerable ou vulnerable severo na vivenda que figure na factura de electricidade con aplicación do bono social.
-Na seguinte táboa establecese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía:
Electrodomésticos subvencionables | Axuda máxima (€/electrodoméstico) | ||
Consumidor Xeral | Consumidor Vulnerable | Consumidor Vulnerable Severo | |
Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D | 150 | 300 | 450 |
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D | |||
Lavadora A, B ou C | 100 | 200 | 300 |
Lavalouza A, B ou C | |||
Encimera de indución total (soamente tecnoloxía de indución) | 100 | 200 | 300 |
PRAZOS DE SOLICITUDE
– As solicitudes realizaranse a través de entidades colaboradoras (empresas adheridas ó programa).
-Prazos de adhesión para as entidades colaboradoras:
Comeza mañá día 30 de marzo, co cal de momento non están publicadas.
– Prazo de solicitude para persoas beneficiarias:
Do 20 de abril ao 30 de setembro ou ata que se esgoten os fondos.
MÁIS INFORMACIÓN
http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2021/ficha_aforro2021_0003.html?idioma=gl