Axudas para actuacións de mellora paisaxística e embelecemento de bens no Camiño de Santiago
O importe será do 75 % do investimento subvencionable, cun límite de 10.000 euros
A Axencia Turismo de Galicia vén de lanzar a convocatoria de axudas destinada a actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.
As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu percorrido. Exclúense desta orde os núcleos urbanos consolidados.
Contía da subvención: O importe será do 75 % do investimento subvencionable, cun límite de 10.000 euros.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- a) Actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna: valorización, mantemento, conservación, consolidación ou restauración dos bens que integran opatrimonio etnográfico de Galicia(fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches,… e calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e á cultura do lugar).
- b) Actuacións sobre a casa e a eira:
- Actuacións de mellora nos revestimentos: fachada, cuberta con materiais propios da zona (madeira, pedra, pintura e calquera material que harmonice coa contorna e coas súas cores).
- Actuacións de mellora dospuntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos..
- Actuacións de mellora nas edificacións auxiliares, como adaptación da escala ou os acabamentos.
- c) Actuacións no espazo agrario:
- Actuacións de ocultación, mediante vexetación ou outros elementos, daqueles bens ou elementos con forte impacto sobre o campo visual do Camiño; por exemplo, naves gandeiras.
- Actuacións de demolición de elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico.
- Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos.
- Actuacións de desentullo e limpeza de lixo ou materiais en desuso.
- d) Actuacións de naturalización:
Incorporación de vexetación como elemento integrador das construcións e das vías, como arboredo e vexetación arbustiva de acompañamento do camiño, e mellora do axardinamento en xeral.
- e) Actuaciónsno trazado do camiño:
Actuacións de substitución de elementos de mobiliario urbano e similares.
Todas as actuacións deberán executarse seguindo as indicacións que se recollen nas bases.
PRAZOS DE SOLICITUDE
Ata o 4 de marzo (ou ata esgotamento do crédito)
MÁIS INFORMACIÓN
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210204/AnuncioG0256-180121-0001_gl.html