Axudas para fomentar a utilización da madeira na construcción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se establecen as bases reguladoras paras as axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen madeira como elemento estrutural na construción

Persoas beneficiarias:
Pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, e as cooperativas, asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro así como as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidades. Ademais, das comunidades de montes veciñais en man común.

Actuacións subvencionables
Serán subvencionables aquelas accións vencelladas coa redacción de proxectos e a compra e instalación de produtos de madeira nestas actuacións.

No caso de PEMEs, comunidades, cooperativas, asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro a solicitude de axuda deberá ser para nova construción, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais e sempre que cando menos, o 20% do orzamento de execución material do proxecto correspondan a produtos de madeira ou derivados da madeira (incluída súa colocación) que serán utilizados cunha finalidade estrutural, sistemas de compartimentación, envolvente ou acabados, excluíndose para dito computo o uso da madeira nas carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabados interiores.

Ademais o uso da edificación proxectada deberá estar destinada a un uso industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo.

As condicións son as mesmas para aquelas solicitudes feitas por persoas físicas, sendo neste caso necesario que o uso da edificación proxectada deba estar destinado a un uso residencial.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde mañá, día seguinte á publicación desta resolución no DOG,  ata o 2 de maio de 2024 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza con anterioridade a esa data.

Importe subvencionable:

– Para redacción de proxectos: Un 50% do gasto subvencionable, que poderá incrementarse ata un 70% no caso do cumprimento de certos requisitos, cun tope máximo de 15.000 euros no caso de persoas físicas 35.000 euros no resto das casuísticas.

– Para os custes da madeira e a súa colocación: Un 50% do gasto subvencionable, que poderá incrementarse ata un 70% no caso do cumprimento de certos requisitos, cun tope máximo de 20.000 euros, que poderá incrementarse ata os 40.000 euros co cumprimento de certas casuísticas

Máis información no DOG do 12/04/2024

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240412/AnuncioG0520-050424-0001_gl.html

Pin It on Pinterest

Share This