Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias

AXUDAS destinadas a plans de mellora nas explotacións agrarias, á creación de empresas por parte de persoas agricultoras mozas e ao desenvolvemento de pequenas explotacións

✔️Actuacións subvencionables

▶️ Achegas para a incorporación de mozos/as ao agro, poderán beneficiarse delas persoas con máis de 18 anos que non teñan cumpridos os 40 na data de presentación da solicitude.

Deben comprometerse, ademais, a manter a actividade durante un mínimo de cinco anos.

Subvencionaráselles a execución do plan empresarial cunha contía básica establecida en 25.000 euros, que poderá incrementarse en determinados casos dependendo, por exemplo, do volume de gasto dedicado á posta en marcha da nova explotación, da creación de emprego adicional a tempo completo ou do feito de instalarse nunha zona con limitacións naturais ou doutro tipo.

Toda a información e requisitos no DOG do 23/01 e na sede electrónica, procedemento MR404A

▶️ Axudas para investimentos nas explotacións agrarias: dirixido a titulares de explotacións agrarias inscritas, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

O importe da axuda será do 30% dos custos elixibles, entre os que se atopan os investimentos para a creación ou reforma de instalacións, a compra de construcións en desuso ou a adquisición de maquinaria que contribúa a aumentar a competitividade da explotación.

Esa porcentaxe do 30% poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios como o feito de ter entre 18 e 40 anos, en caso de investimentos de carácter colectivo, de actuacións en zonas con limitacións ou por executar accións relacionadas con medidas agroambientais e coa agricultura ecolóxica, entre outros.

Toda a información e requisitos no DOG do 23/01 e na sede electrónica, procedemento MR405A

▶️ Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias: dirixido a titulares de explotacións agrarias inscritas, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

A achega ascende a 15.000 euros e concederase pola execución do plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses dende a aprobación da mesma

Toda a información e requisitos no DOG do 23/01 e na sede electrónica, procedemento MR405B

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

Prazo de solicitude: ata o 27/02 de 2023

 

Pin It on Pinterest

Share This