Axudas para realización de actividades de formación en lingua estranxeira

Formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Portugal e Francia para alumnado de 1º ou 2º de bacharelato (que cursen estudos en centros sostidos con fondos públicos).

Os idiomas que se convocan son inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal.

Convócanse un total de 643 axudas que se distribuirán do seguinte modo:
– 491 axudas para o alumnado ao que lle correspondería praza nas actividades de formación en linguas estranxeiras previstas e non realizadas no ano 2022.
– 152 axudas para a cota xeral de 2023.

período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2023, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

Requisitos:
a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2021/22.
c) Ter acadado no curso 2021/22, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se van realizar, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Criterios de puntuación:
1º. Nota media do expediente no curso 2021/22: ata 10 puntos.
2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.
5º. Non ter sido beneficiario dunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019 e tampouco ter sido beneficiario da axuda establecida na convocatoria da Orde do 11 de xaneiro de 2022, na modalidade inglés en Canadá-integración: 1 punto.

As solicitudes poden tramitarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 13 de marzo de 2023.
Máis información no DOG do 13 de febreiro de 2022 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

Pin It on Pinterest

Share This