Axudas prevención danos fauna silvestre

Axudas para prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre (xabaril, lobo e oso)

As axudas están destinadas tanto a explotacións agrarias como a particulares con explotacións agrarias para autoconsumo

Na nosa zona a liña que se pode solicitar é a prevención de danos ocasionados polo xabaril. Son axudas para a adquisición de pastores eléctricos.

As axudas van dende 150 euros ata 600 euros dependendo de varias premisas (explotación de autoconsumo, número de reses, tipo de pastor, etc..)

O prazo de solicitude é ata o 19 de febreiro

Máis información no enlace⤵️

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT809D&ano=2024&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This