Axudas promoción emprego autónomo
A Consellería de Emprego, Comercio e Formación, convoca as axudas para a promoción do emprego autónomo: Axudas para as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial ou profesional como traballadoras autónomas por conta propia
Convócanse dúas liñas de axuda:
- Axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma
- Axuda equivalente a 12 meses da cota reducida á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais.
Persoas beneficiarias:
– Persoas inscritas como demandantes de emprego non ocupadas nos servizos públicos de emprego que, entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambos inclusive, causen alta definitiva
– Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación e constituída previamente á data de solicitude desta subvención, sempre que as soliciten a título persoal.
Para a liña 2, inclúese tamén 8ademais das anteriores) : Persoas traballadoras autónomas socias de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de nova creación (aquelas creadas desde o 30 de setembro de 2024)
Requisitos específicos:
- Atoparse de alta no IAE e ter iniciada a actividade antes da solicitude da subvención
- Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda
- Desenvolver a actividade empresarial ou profesional en Galicia
- Para a liña 1, ademais, non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma, nos cinco anos inmediatamente anteriores á data de publicación da axuda
- Para a liña 2, ademais, ser beneficiario da cota reducida.
Contía da axuda:
- Liña 1
* 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
*4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguinte colectivos no momento de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta
propia da Seguridade Social, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia.
d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.
f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
g) Persoas maiores de 52 anos.
* A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da
persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable ao apartado g) do punto 1.2
deste artigo).
d) Persoas trans.
e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo a definición
recollida no artigo 5.11) desta orde e cuxa relación figura na Sede electrónica da Xunta de
Galicia.
Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de
aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €
- Liña 2
Axuda equivalente á contía da cota mensual reducida sufragada pola persoa beneficiaria multiplicada por 12: 960 euros
Prazo:
O prazo de solicitude comeza o día 24 de xaneiro e mantense aberto ata o 30/09/2025 (ou esgotamento do crédito)
As subvencións concédense por concorrencia non competitiva (orde de entrada no rexistro)
Máis información no DOG do 17/01/2025 e na sede electrónica da xunta, procedemento TR341D
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2025&numpub=1&lang=gl