Axudas Talento 30 para a contratación de menores de 30 anos

Está xa aberto o prazo de solicitude de axudas do programa Talento 30 da Consellería de Emprego e Igualdade. A iniciativa facilita un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego ás persoas menores de 30 anos. Deste xeito facilítase a inserción laboral das persoas mozas en Galicia, dotándoas de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral.

As empresas (incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens) terán a posibilidade de obter axudas para a contratación de menores de 30 anos a través das seguintes liñas:

  1. a) Liña 1: programa Talento 30 en prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional,
  2. b) Liña 2: programa Talento 30 formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán celebrarse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional

PRAZO

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto ata o día 30 de setembro de 2022, ou ata esgotamento do crédito

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información sobre o procedemento (documentación necesaria, normativa, prazos, etc.) na seguinte ligazón da sede electrónica da Xunta 

Pin It on Pinterest

Share This