Barferencia sobre as Salinas romanas na Costa de Oia
O pasado Venres 3 de novembro, tivo lugar no albergue Aguncheiro de Oia, unha barferencia sobre as Salinas Romanas descubertas en Oia.
A conferencia foi impartida pola arqueóloga Mar Cortegoso, directora da intervención que o pasado mes de setembro se desenvolvía nas salinas romanas do Aguncheiro (Mougás) e As Lagoas (no límite entre Viladesuso e Mougás).
Mar expuso como era a producción de sal na costa atlántica do Baixo Miño e cales foron as aportacións e conclusións do achado en Oia.