Bolsas para estudantes para o curso 2021-22 (Ministerio de Educación)
Para alumnado de ensinanzas postobrigatorias
O Ministerio de Educación ten convocado as bolsas para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias con validez en todo o territorio nacional correspondentes ao curso académico 2021-2022. As contías das axudas serán as seguintes:
- Contías fixas:
Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2021-2022.
Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros.
Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300 €. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grado Básico esta contía será de 350 euros.
- Contía variable:
Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes, que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 euros.
BENEFICIARIOS
Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas dos seguintes ensinos:
- Ensinos postobligatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional.
- Ensinos universitarios do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional.
SOLICITUDES
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es
PRAZOS
Prazos para presentar a solicitude:
–Ata o 14 de outubro de 2021, inclusive, para os estudantes universitarios.
–Ata o 30 de setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios.
MÁIS INFORMACIÓN
- Normativa:
- Máis informacións sobre outras axudas de estudos:
–Máis información Bachiller e FP
-Bolsas Fulbright para estudos de posgrao en universidades de Estados Unidos: https://fulbright.es/programas-y-becas/convocatorias/ampliacion-de-estudios/2022-2023/1677/