Bono autónomo
Axudas dirixidas ás persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante investimentos relacionados directamente con eles.
O gasto debe estar REALIZADO E EFECTIVAMENTE PAGADO entre o 1 de outubro de 2025 e a data de presentación da axuda
REQUISITOS:
1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime es-
pecial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional,
que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes
requisitos
a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, computados desde
a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional
b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económi-
cas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.
c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declara-
ción referida ao ano 2024
2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens,
con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade
superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial
ou profesional.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na
declaración referida ao ano 2024.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración
realizada referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).
Características da axuda
Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias deste programa unha subvención do 60 % de cada un dos investimentos que se van subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:
– Compra de maquinaria.
– Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
– Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
– Compra de utensilios e ferramentas.
– Reforma do local ou espazo do negocio.
– Equipamento informático.
– Equipamento de oficina e/ou negocio.
– Rótulos.
– Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
– Deseño de marca.
A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de outubro de 2025 ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento.
Prazo de solicitude: A partir do 11/02/2026 ás 9.00 horas e ata o 30/09 (concédense axudas ata esgotamento do crédito)
Máis información no DOG do 04/02/2026 e na sede electrónica procedemento TR341Q
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q&ano=2026&numpub=1&lang=gl