Bono concilia familia
Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia
Beneficiarios:
Os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e estean nos supostos seguintes:
a) Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.
b) Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena como por necesidades en períodos de vacacións escolares.
Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente e, nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.
Accións e gastos subvencionables .
1. Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar atoparse nun dos seguintes supostos:
a) Supostos de necesidades puntuais que a continuación se relacionan:
1º Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
2º Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
3º Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.
4º Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.
b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos pais /nais, persoas titoras,acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais /nais con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.
Enténdese como períodos de vacacións escolares:
– Do 1 ao 6 de xaneiro.
– Os días 20, 21 e 22 de febreiro.
– Do 3 ao 10 de abril.
– Do 22 de xuño ao 8 de setembro.
2. Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos
1º Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.
2º Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3º Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na Sección quinta do Capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
4º Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares .
Prazo de solicitude: do 5/07/2023 ata o 15/09/2023 (ou esgotamento do crédito)
Toda a información do procedemento:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2023&numpub=1&lang=es