Bono cultural xoven para os nacidos no ano 2007
As persoas que este ano cumprisen ou cumpran 18 anos poden solicitar na web www.bonoculturajoven.gob.es desde hoxe ata o 31 de outubro o bono cultural xove para gozar de produtos, servizos e actividades culturais.
O requisito é cumprir os 18 anos en 2025 e ter nacionalidade española, posuír residencia legal en España, ser solicitantes de asilo, desprazados temporais ou estranxeiros ex tutelados.
Os beneficiarios dispoñerán dunha tarxeta prepago con 400 euros que poderán destinar a actividades e produtos culturais en formato físico, dixital e artes escénicas:
-
200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, …
-
100 euros para produtos culturais en soporte físico. Por exemplo, libros, revistas, prensa,…
-
100 euros para consumo dixital ou en liña. Por exemplo, subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura,…
Desde a data de concesión, poderán facer uso do Bono durante todo un ano nos establecementos adheridos ao programa, 3.700 en toda España
O Bono soamente funciona nas empresas que forman parte do programa. Aínda que sexan culturais, se non están adheridas, o Bono non funcionará nelas. Hai unha listaxe das empresas adheridas, que podes consultar aquí:
Toda a información en https://bonoculturajoven.gob.es/
Se alguén precisa axuda para solicitalo pode pedir cita coa educadora familiar do concello.
