Bono das persoas autónomas
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, convoca, para o ano 2023 do BONO das persoas AUTÓNOMAS
* Para poder acceder a esta axuda, os REQUISITOS a cumplir son:
– Persoa traballadora autónoma
✅ Persoa traballadora autónoma que estea de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia,
✅ Que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional
✅ Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros (ano 2021)
✅ Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
– As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
✅ Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
✅ Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
✅ Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2021 inferior a 30.000 euros
Excluídas as persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.
* AXUDA: Axudas de ata 3.000 euros (máximo do 80%)
A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2023 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento
* Actuacións subvencionadas:
• Compra de maquinaria.
• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
• Compra de utensilios e ferramentas.
• Reforma do local do negocio.
• Equipamento informático.
• Equipamento de oficina e/ou negocio.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
• Deseño de marca.
* Prazo de solicitude: Do 25/01/2023 ás 9.00 horas ata o 29/09/2023 (ou esgotamento dos fondos)
Máis información: No DOG de hoxe (24/01/2023) e na sede electrónica:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q&ano=2023&numpub=1&lang=gl