Bono das persoas autónomas
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia convoca estas axudas.
Requisitos
- Persoas traballadoras autónomas que teñan domicilio fiscal en Galicia que:
- Que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses
- Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros
- Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
- Sociedades e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que:
- Teña unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización da actividade superior a 42 meses.
- Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración
- Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración inferior a 30.000 euros
Contía
A contía da subvención é do 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables
Actuacións subvencionables
– Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación do negocio, plan estratéxico do negocio, plan de crecemento, plan de reorientación,plan de uso das novas tecnoloxías, plan de refinanciamento
– Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, equipos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario
Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 3 de marzo
Máis información
DOG 3 DE FEBREIRO, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q