Bono Deporte
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, convoca o Bono Deporte
📌Destinatarios: Nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos de idade FEDERADOS e/ou inscritos no programa Xogade.
🤸♀️ Actividade subvencionable: subvenciónase a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa.
✏️ Solicitude dos bonos:
Rexistrarse na web www.bonodeporte.gal e indicar a seguinte información:
a) Nome e apelidos do pai/nai, titor ou persoa que teña en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos o menor con idade comprendida entre os 6 e 16 anos.
b) Maioría de idade.
c) DNI/NIE.
d) Localidade de residencia (código postal).
e) Número de teléfono móbil.
f) Correo electrónico.
g) Nome e apelidos do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
h) Data de nacemento do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
i) Se é o caso, DNI do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
j) Identificador Xogade ou número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos establecidos no artigo 9 desta orde.
k) En caso de ser licenza deportiva federada, federación emisora.
📆 Data de descarga dos bonos: dende o 8 de xaneiro ata o 29 de febreiro.
É unha subvención que se outorga en réxime de concorrencia non competitiva (ata esgotamento dos fondos), co cal, o recomendable é descargalo nos primeiros días e gastalo canto antes.
Máis info, https://www.bonodeporte.gal/
DOG do 11/12/2023