Bono Enerxía Peme para a mellora enerxética dirixida a autónomos e pemes
Para as actividades de comercio, hostalería e artístico-recreativas
Aberto o prazo para a solicitude do Bono Enerxía Peme, un programa de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) destinado a proxectos de mellora enerxética para autónomos e pequenas e medianas empresas dos sectores do comercio, hostalería e actividades artístico-recreativas.
A contía da subvención será do 80 % do custe elixible da actuación. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.
-Actuacións subvencionables:
As inversións en equipos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:
-
a) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico)
b) Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.c) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
d) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento sempre que se poda acreditar unha cualificación enerxética B ou superior.
e) Bono climatización: equipos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
f) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 1.000 euros, sen incluír o IVE.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Pequenas e medianas empresas, legalmente constituídas e empresarios autónomos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
– Sección G: Comercio por xunto e polo miúdo, divisións de 45 a 47 incluídas.
– Sección I: Hostalería, divisións de 55 a 56 incluídas.
– Sección R: Actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións de 90 a 93 incluídas.
PRAZOS DE SOLICITUDE
Do 14 de abril ao 30 de xuño de 2021.
MÁIS INFORMACIÓN
Na seguinte ligazón do INEGA: http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2021/ficha_aforro2021_0004.html