Bonos Activa Comercio
𝐃𝐚𝐭𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐡𝐞𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨𝐬: 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐨 𝟗/𝟎𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟑 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟎𝟏/𝟎𝟗/𝟐𝟎𝟐𝟑
𝐃𝐚𝐭𝐚 𝐝𝐞𝐬𝐜𝐚𝐫𝐠𝐚 𝐛𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬: 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐨 𝟏𝟓/𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟑 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟎𝟏/𝟎𝟗/𝟐𝟎𝟐𝟑
Actividade subvencionable:
A compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.
O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
Alta e requisitos dos comerciantes para a adhesión ao programa:
⏸ Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse a través da web https://www.bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información:
• Nome e apelidos ou razón social.
• Establecemento comercial en Galicia.
• NIF ou CIF.
• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
• Nome comercial.
• Enderezo do establecemento comercial.
• Número de teléfono móbil.
• Correo electrónico.
• IAE (incluído no anexo I).
• IBAN da conta bancaria.
• Páxina web do establecemento comercial.
⏸ O prazo para adherirse: ata o 1 setembro
⏸ Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
– Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas
– Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I da orde de convocatoria
O nome comercial e localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio farase público na web https://www.bonosactivacomercio.gal .
Presentación da solicitude dos bonos polas persoas usuarias
1️⃣ Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta na web https://www.bonosactivacomercio.gal
2️⃣ A descarga do bono pola persoa usuaria realizarase na web: https://www.bonosactivacomercio.gal, e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar)
3️⃣ Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 15 de maio e ata o 15 de setembo
Máis información no DOG do 08/05/2023
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioV0653-260423-0025_gl.html