Bonos desconto para compras en establecementos comerciais de Galicia
As solicitudes poden facerse na web www.bonosactivacomercio.gal
-Os Bonos Activa Comercio son unha iniciativa da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en colaboración coa Federación Galega do Comercio e as Asociacións Provinciais. A medida forma parte do paquete de medidas específicas para o sector que a Xunta de Galicia está a poñer en marcha para acompañar ao comercio de proximidade na súa reactivación.
-Subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa Comercio, nos establecementos retallistas de Galicia adheridos ao programa.
-Contías:
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.
O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
- Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
- Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
PARA OS COMERCIOS QUE QUEIRAN ADHERIRSE
-Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse a través da seguinte web: https://micomercio.bonosactivacomercio.gal/#/auth/login
E indicar a seguinte información:
- Nome e apelidos ou razón social.
- Establecemento comercial en Galicia.
- NIF ou CIF.
- Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
- Nome comercial.
- Enderezo do establecemento comercial.
- Número de teléfono móbil.
- Correo electrónico.
- IAE (incluído no anexo I).
- Data de alta da actividade comercial.
- Número de persoas traballadoras da empresa ou autónomo.
- IBAN da conta bancaria.
- Páxina web do establecemento comercial.
-Prazo para adherirse: 14 maio.
-Requisitos que deberán cumprir os establecementos comerciais retallistas que queiran adherirse:
- Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reunir as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
- Ser persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas.
- Estar dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I da orde de convocatoria (ligazón á orde en “máis información”).
O nome comercial e localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio farase público na web https://www.bonosactivacomercio.gal
PARA AS PERSOAS USUARIAS QUE QUEIRAN SOLICITAR UN BONO
-Para a solicitude e obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web https://www.bonosactivacomercio.gal
-A descarga do bono pola persoa usuaria realizarase na web: https://www.bonosactivacomercio.gal , e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet.
-Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses. (previa inscripción na web)
MÁIS INFORMACIÓN
Máis información no DOG do 14/04/2021: Orde do DOG nº 69 do 2021/4/14 – Xunta de Galicia