Campamentos A Lanzada 2025
A Deputación provincial organiza os campamentos na Lanzada,
Destinadas a nenas e nenos da provincia nados entre 2012 e 2017
O programa desenvolverase entre o 22 de xuño e o 7 de setembro en once quendas, cada unha de sete días de duración.
A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.
Cada grupo visitará A Illa de Ons e fará unha segunda excursión relacionada coa natureza e co coidado do medio. Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial do programa.
A Deputación ofertará un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna
O prezo é de 110 euros por praza (80 euros en caso de familia numerosa ou monoparental)
A solicitude podedes facela directamente pola sede electrónica da Deputación e tamén en papel.
Se precisades axuda, podedes solicitar cita coa Educadora familiar do Concello
O prazo de solicitude será entre o 3 e o 21 de marzo
Máis info: