Campamentos de A Lanzada
Destinados a nenas e nenos da provincia de Pontevedra nados entre 2013 e 2018
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de marzo e rematará o 20 de marzo de 2026.
O programa desenvolverase entre o 21 de xuño e o 5 de setembro, en once quendas, cada unha de sete días de duración. A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída, o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.
A Deputación ofertará un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna.
Cada grupo visitará a illa de Ons e fará unha segunda excursión relacionada coa natureza e co coidado do medio. Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial do programa.
Toda a información: https://www.depo.gal/-/campamentos-a-lanzada