Campaña detección precoz cancro de mama

O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Oia o vindeiro 7 de xuño de 2019.

Consiste na realización gratuita de mamografías a tódalas señoras de 50 a 69 anos deste Concello.

As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, ubicada na CASA DO MAR, en Beiramar 51 -2º en Vigo.

Mediante unha carta comunicaráse o día, hora e lugar o que teñen que acudir.

Tódalas señoras que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen a carta, poden chamar o teléfono 981 14 14 14, onde lles darán unha cita.

NOTA IMPORTANTE.- O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, pon a disposición das veciñas un medio de transporte de balde, para facilitar o acceso dende o Concello de Oia ata a Unidade de Exploración Mamográfica sita na CASA DO MAR, en Beiramar 51-2º en Vigo, e tamén a viaxe de volta o Concello. O uso deste transporte non é obrigatorio, polo que se se pode acudir polos propios medios.

Dependendo da hora na que teña a cita na Unidade de Exploración, poderá facer uso do mesmo, tendo en conta as paradas e horarios seguintes:

  • En Sta. Mª de Oia (diante do Concello)
    •  Horas de parada: 08:00, 11:30
  • En Viladesuso (na parada do autobús)
    • Horas de parada: 08:05, 11:35
  • En Mougás (na parada do autobús)
    • Horas de parada: 08:10, 11:40

Pin It on Pinterest

Share This