Campionato do xogo da ra este sábado en Oia

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de setembro

A Praza da Centinela, no barrio histórico de Oia, acollerá o próximo sábado 28 un campionato do xogo tradicional da ra, que se desenvolverá a partir das 17.00 horas. A actividade é gratuíta e require de inscrición previa.

A competición será en modalidade individual e constará de dúas roldas de 10 tiradas cada unha. A orde das tiradas fixarase segundo a orde de inscrición.

Poderán participar no campionato as persoas maiores de 15 anos que se inscriban previamente no número de teléfono 639.32.94.93 (Concello de Oia). O prazo para apuntarse está aberto ata o venres 27 (incluído).

As persoas inscritas deberán presentarse na Praza Centinela o sábado ás 16.15 horas, para dar comezo á competición ás 17.00 horas. 

Pin It on Pinterest

Share This