O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Oia, pertencente á rede pública autonómica
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Oia, pertencente á rede pública autonómica
A costa de Oia conta con numerosos puntos ao longo do seu litoral de extraordinaria beleza desde os que se poderá observar a eclipse solar o 12 de agosto. Co obxectivo de facilitar a observación tamén desde o entorno do Mosteiro de Oia, o adro da igrexa permanecerá pechado ao tráfico de vehículos, permitindo que veciños e visitantes poidan desfrutar deste espazo durante o fenómeno
O Concello de Oia vén de finalizar importantes obras de mellora en dous tramos do Camiño de Santiago Portugués da Costa ao seu paso polo municipio, cun investimento total de 29.473,77 euros, financiados a través dos fondos europeos PSTD – Plan Nacional Xacobeo, dentro do programa Next Generation EU
O Concello de Oia levará a cabo, ao longo dos vindeiros meses, un ambicioso proxecto de recuperación e posta en valor das salinas romanas do Aguncheiro, situadas na costa da parroquia de Mougás, co obxectivo de garantir a súa conservación e crear oportunidades de desenvolvemento patrimonial, cultural e económico
A veciñanza de Oia e persoas visitantes poderán asistir este domingo ás 20.00 horas a unha nova edición do Festival Internacional Encontro dos Pobos, unha cita xa consolidada no calendario cultural do Baixo Miño que, organizada polo grupo guardés Do Lusco ó Fusco, promove o intercambio entre diferentes tradicións musicais e culturais
As emocións, aplausos e os momentos compartidos que deixou a última edición do 6×6 Punto de Encontro xa poden revivirse a través do vídeo resumo publicado polo Concello de Oia na súa canle de YouTube
A Serra da Groba volverá ser escenario este domingo dunha das súas tradicións máis emblemáticas coa celebración do curro de Mougás, terceira e última cita da tempada de primavera dos curros de Oia
As peticións deberán ser presentadas por particulares e para espazos de titularidade privada
A iniciativa “No Corazón dos Curros” continúa en Torroña con visitas guiadas e obradoiros didácticos
A cita reúne teatro veciñal, artes escénicas, audiovisual, música e artesanía
Tras o seu aprazamento a pasada fin de semana debido ás condicións meteorolóxicas, o tradicional curro da Valga (Loureza) celebrarase finalmente este domingo 17 de maio, converténdose na primeira gran cita da tempada dos curros galegos
As historias, recordos e voces da veciñanza de Oia continúan percorrendo o municipio da man do documental “Novas cantigas oienses”, que segue coa súa rolda de proxeccións polas distintas parroquias