O Instituto de Estudos do Territorio convoca axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos
O Instituto de Estudos do Territorio convoca axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos
No lugar crearase un espazo de recreo e ocio para a veciñanza
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, orientada á mellora do espazo público central desta parroquia e cofinanciada ao abeiro das achegas do Plan Hurbe | O proxecto permitiu mellorar a accesibilidade e a imaxe desta zona, aumentou o espazo veciñal e creou unha praza de uso público dotada con bancos, arborado, vexetación, céspede, varandas de protección e muros de contención e delimitación das parcelas privadas | “Colaboramos cunha obra fundamental para rematar a restauración perfecta desta contorna despois de que, en anos anteriores, se completara a rehabilitación de todos os edificios para usos socioculturais e vivendas sociais”, explicou o representante autonómico
Encarnación Rivas informou dos pasos urbanísticos e ambientais a seguir co fin de axilizar a aprobación dos cambios nas normas subsidiarias que rexen neste concello
O Concello de Oia vén de comezar os traballos no camiño público que comunica a estrada PO-552 co centro da parroquia de Pedornes
O Concello de Oia está a traballar nun proxecto para a reforma do edificio da Praza de Abastos co obxectivo de rehabilitar e poñer en marcha diversos usos neste equipamento municipal situado na Estrada Vista Alegre
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión desta actuación, consistente na reconstrución da infraestrutura de paso e a adecuación dos accesos no lugar de Acevedo | A nova pasarela sostense a través dunha solución de cables en suspensión enganchados a macizos de formigón e conta cunha plataforma entarimada en material sintético para favorecer a súa durabilidade | Trátase dun importante recurso turístico para peóns e ciclistas na contorna de Monte Redondo e Cova do Lobo, onde se proxecta unha aula da natureza, e para dotar de máis atractivos un municipio clave do Camiño Portugués pola Costa
A Xunta de Galicia achega o 80% da instalación da nova ruta circular de 12,5 quilómetros que contou cun orzamento de preto de 25.000 euros
O Concello de Oia vén de reformar e mellorar o local do baixo do Consistorio que funcionaba como biblioteca co obxectivo de convertelo nun novo espazo dedicado ás novas tecnoloxías
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as solicitudes de 2022 das entidades locais á liña de axudas destinada a instaurar o ‘fermosismo‘ | A actuación subvencionada en Oia consistirá en mellorar a imaxe dun conxunto integrado por 3 fontes e 1 lavadoiro
Terá un percorrido circular de 12,5km, pasando por puntos de interese patrimonial e paisaxístico
O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta dobre actuación na parroquia de Burgueira, financiada coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes