Charla informativa en Mougás sobre a importancia da alimentación na fibromialxia
O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia.
A conferencia será impartida polo dietista e nutricionista Adrián Martíns Salinas baixo o título “A importancia da alimentación na fibromialxia”. Trátase dunha actividade aberta a todas as personas interesadas no tema.
Esta charla enmárcase dentro das inciativas organizadas pola Asociación de Afectados de Fibromialxia do Baixo Miño, FIBROMIÑO, e para a súa realización conta coa colaboración do Concello de Oia.