Publicación do libro: “Con otra mirada. Horror de la guerra civil española. En el Monasterio de Oia 1936-1939”

O Concello edita o libro “Con otra mirada. Horror de la guerra civil española. En el Monasterio de Oia 1936-1939”, que recompila o traballo levado a cabo por Fernando J. Costas Goberna, Lorena González Vicente e Lucía Álvarez Caeiro.

O libro repasa a historia do Mosteiro, centrándose no período da guerra civil en que foi campo de concentración. Por medio de imaxes fotográficas, nos permite ver as imaxes debuxadas maiormente por presos nos tabiques do Mosteiro.

A obra será presentada en próximas datas, na Casa Cultural de Santa María de Oia.

Pin It on Pinterest

Share This