Concurso escolar de debuxo co gallo do Día do Libro 2021
O alumando gañador do concurso recibiu como premio un diploma e un lote de libros
Con esta iniciativa, a Administración local animou aos escolares á lectura ao mesmo tempo que promove a súa creatividade.
O traballo debía ser orixinal e inédito, cada participante presentou unha única obra, estar feito en tamaño A4 (en papel ou cartolina) e técnica libre (acuarelas, lapis de cores, rotuladores, ceras, etc.).
En total, o Concello de Oia entregou 6 premios (tres en cada colexio) tendo en conta as tres categorías establecidas nas bases do certame.
Categoría 1: Infantil
Categoría 2: Cursos de 1º, 2º e 3º de primaria
Categoría 3: Cursos de 4º, 5º e 6º de primaria
