Concurso escolar de debuxo do Día das Letras Galegas 2022 – Florencio Delgado Gurriarán
En total, repartiranse tres premios en cada colexio, un por cada categoría. O alumando gañador do concurso recibiu como premio un diploma e un lote de libros.
Con esta iniciativa, a Administración local animou aos escolares á lectura ao mesmo tempo que promove a súa creatividade.
Cada estudante presentou ao concurso un só traballo, que consistía nun retrato do homenaxeado realizado en folio ou cartolina en tamaño A4. A obra debía ser orixinal e inédita, e a técnica artística a empregar libre (acuarela, lapis de cores, rotuladores, ceras, brillantina, adhesivos, etc.).
Cada colexio elixiu o seu xurado e seleccionou os mellores debuxos en cada unha das tres categorías previstas: 1) Infantil, 2) a correspondente a 1º-2º-3º de Primaria e 3) a correspondente a 4º-5º-6º de Primaria.