Consellos no uso da auga que se dan dende o Concello
Ante a escasez de choivas rexistradas no último ano, e tendo decretado Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a alerta por Sequía en máis de media Galicia, na cal nos encontramos, se solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas do noso municipio, aos efectos de facer un uso responsable do consumo da auga, mediante o aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios (rego de xardíns, baldeo, limpeza de coches, rego de hortas, …). Consellos para aforrar auga:
- Reducir o tempo na ducha á metade. Descartar o baño.
- Instale cisternas con dobre descarga. Lembre ademais que o inodoro non é unha papeleira, evite tirar por él: panos, algodóns, toallitas biodegradables, etc. e descargue o sanitario só cando sexa necesario.
- Peche a chave mentres se afeita ou se cepilla os dentes.
- Use a lavadora coa carga completa.
- Para lavar os pratos, usa unha cubeta do fregadeiro para enxaboar e outra para aclarar, sen deixar correr a auga.
- Vixíe que as chaves, duchas e tubarias, non presenten escapes.
- Para lavar o coche acuda a un lavacoches automático.
- Verifique mensualmente que durante a noite –e sen consumos-, a lectura do contador da auga se conserva intacta, para detectar posibles fugas.