Convocadas as axudas para o fomento e a consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación

BENEFICIARIOS E REQUISITOS DE ACCESO

As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

  1. a) Que sexan empresas de nova creación (posterior a 01/08/2021) .
  2. b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
  3. c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas. (incluído o da persoa promotora)
  4. d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
  5. e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.
  6. f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
  7. g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotores e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

TIPOS DE AXUDA

  1. a) Subvención á xeración de emprego estable.
  2. b) Subvención para formación.
  3. c) Subvención para o inicio da actividade.
  4. d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN NO PROCEDEMENTO

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria e finalizará o 31 de xullo de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Máis información na sede electrónica da xunta ou no DOG do 21 de febrero

-DOG: ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Sede electrónica da Xunta

Pin It on Pinterest

Share This