Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo
Convocatoria prazas de aloxamento para realizar estudos postobligatorios non universitarios en centros residenciais docentes
Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2024/25 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.
As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2023/24 (BOE do 28 de febreiro de 2024)
Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 682,85 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.047,11 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.680,89 €.
d) Máis do 30 %: 2.493,98 €
Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación
desta convocatoria e o 19 de xullo de 2024 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publi-
cación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2024 (este incluído)
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 20 de xuño e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credovigo/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credoourense/
* Limiar 2
Familias de un membro 13.898,00
Familias de dous membros 23.724,00
Familias de tres membros 32.201,00
Familias de catro membros 38.242,00
Familias de cinco membros 42.743,00
Familias de seis membros 46.142,00
Familias de sete membros 49.503,00
Familias de oito membros 52.850,00
Cada membro adicional ao 8º 3.340,00