Convocatoria probas ESO

Probas para obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO)

Requisitos para poder participar:

* Ter cumpridos os dezaoito anos ou cumplir esa idade no ano 2025
* Non estar en en posesión do título de graduado en educación secundaria.
* Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2024-2025 nas ensinanzas de
educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

** O alumnado matriculado durante o curso 2024/25 na educación secundaria para persoas
adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas
do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre
sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos

Prazos de matrícula:
a) Para a convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.
b) Para a convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous
incluídos

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 11 de abril e 6 de xuño
de 2025 para as respectivas convocatorias

Máis información no DOG do 07/02/2025:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0761-280125-0001_gl.html

ED540A – Inscrición nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos. – Sede Electrónica – Xunta de Galicia

Pin It on Pinterest

Share This