Convocatorias alumnado universidades públicas sistema universitario de Galicia

Convocatorias dirixidas ao alumnado das universidades públicas do sistema universitario de Galicia:

– Axudas para estudos universitarios por causas sobrevidas

– Cursos de idiomas en europa durante o verán

Axudas para estudos universitarios por causas sobrevidas

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2022/23, nas universidades públicas de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas, ocorridas durante o actual curso académico, que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos das persoas solicitantes:

1. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio; enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

2. Que a situación sobrevida e imprevista aconteza durante o actual curso académico 2022/23. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de xuño de 2023.

3. Estar matriculado, no curso académico 2022/23, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle quede un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.

4. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 multiplicada por 1,80.

Prazos:

– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda , o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de febreiro de 2023.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2023.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A

Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2023

✅ Cursos de idiomas en europa durante o verán

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 170 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2023, do alumnado universitario matriculado no curso 2022/23 nalgunha das universidades de Galicia co obxecto de coñecer a lingua dese país.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2023, ambos incluídos.
dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 €.

Requisitos:

– Estar matriculado no curso 2022/23, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, convalidados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2022, excluídos tamén os recoñecidos, convalidados ou adaptados.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.

– O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 60 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Criterios de avaliación:

– Daráselles prioridade ás solicitudes que no expediente académico teñan unha cualificación da nota media máis alta.
– No caso de empate na nota media do expediente académico, terá preferencia para a concesión da axuda aquel alumnado que teña superado un maior número de créditos.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2023.

As solicitudes realizaranse a través de https://sede.xunta.es co procedemento ED416A

Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2023

Pin It on Pinterest

Share This