Cortes de tráfico en Oia por mor do paso de La Vuelta este martes 27 de agosto

Este martes, La Vuelta Ciclista a España percorrerá diversos puntos do concello de Oia. Procedentes de Tomiño, os corredores entrarán no municipio por Bonaval (EP-3101) e continuando por Burgueira cara a Loureza (EP-2202), Santa Comba e Mabia, para a continuación baixar cara a costa pola PO-3202 e percorrer as parroquias de Santa María de Oia -A Riña- (PO-552), Pedornes, Viladesuso e Mougás (subida ao Picadero) ata enlazar coa EP-2202 dirección Baiona, onde finalizará a etapa.

Por mor do desenvolvemento desta competición deportiva, o Concello de Oia informa do seguinte itinerario oficial, horarios e cortes de tráfico aproximados:

Tendo en conta estes horarios, o tráfico en Oia verase afectado, en total, desde as 15.10 ata as 17.30 horas aproximadamente. En cada barrio dependerá do horario sinalado entre o paso da caravana publicitaria e o último corredor.

La Vuelta 2024

Na súa edición de 2024, La Vuelta celebrará este martes a súa etapa número 10, na que percorrerá varios puntos da provincia de Pontevedra, entre os que se inclúe o concello de Oia. A etapa terá unha lonxitude total de 159,60 km; partindo de Ponteareas e finalizando en Baiona.

Pin It on Pinterest

Share This