Cortes de tráfico en Oia por mor do paso de La Vuelta este sábado
Este sábado 4 de setembro, La Vuelta Ciclista a España percorrerá diversos puntos do concello de Oia. Procedentes de Tomiño, os corredores entrarán no municipio por Bonaval (EP-3101) e continuando por Burgueira cara a Loureza (EP-2202), Santa Comba e Mabia, para a continuación baixar cara a costa pola PO-3202 e percorrer as parroquias de Santa María de Oia -A Riña- (PO-552), Pedornes, Viladesuso e Mougás ata enlazar coa EP-2202 dirección Baiona.
Por mor do desenvolvemento desta competición deportiva, o Concello de Oia informa do seguinte itinerario oficial, horarios e cortes de tráfico:
| ITINERARIO OIA | CARAVANA | 39KM/H | 37 KM/H | 35 KM/H |
| BONAVAL | 13:51 | 14:59 | 15:09 | 15:20 |
| BURGUEIRA | 13:54 | 15:02 | 15:12 | 15:22 |
| REFOXOS | 13:57 | 15:05 | 15:15 | 15:25 |
| LOUREZA | 14:01 | 15:07 | 15:17 | 15:28 |
| COMIENZA PUERTO | 14:01 | 15:08 | 15:18 | 15:29 |
| SANTA COMBA | 14:04 | 15:12 | 15:22 | 15:33 |
| MABIA | 14:06 | 15:15 | 15:25 | 15:36 |
| ALTO DE MABIA | 14:11 | 15:18 | 15:28 | 15:40 |
| COMIENZA PUERTO | 14:28 | 15:32 | 15:44 | 15:56 |
| ALTO DE MOUGÁS | 14:44 | 15:47 | 15:59 | 16:13 |
Tendo en conta estes horarios, o tráfico en Oia verase afectado, en total, desde as 14.00 ata as 16.15 horas. En cada barrio dependerá do horario sinalado entre o paso da caravana publicitaria e o último corredor.
La Vuelta 2021
Na súa edición de 2021, La Vuelta celebrará este sábado a súa etapa número 20, na que percorrerá varios puntos da provincia de Pontevedra, entre os que se inclúe o concello de Oia. A etapa terá unha lonxitude total de 202,2 km; partindo de Sanxenxo e finalizando en Mos (Castro de Herville).
Toda a información: Etapa 20 – Sanxenxo > Mos. Castro de Herville – La Vuelta 2021