COVID-19: Oia entra en NIVEL MÁXIMO de restricións

A partir das 00h deste Venres 15 de Xaneiro, o Concello de Oia entra en nivel máximo de restricións por Covid-19 segundo o decretado pola Xunta de Galicia e publicado no DOG do 13 de xaneiro.

Como resultas do cribado levado a cabo polo Sergas no noso Concello entre o venres 8 de xaneiro e o domingo 10, detectaronse 25 casos positivos, e dende esa data, o número de infectados diagnosticados por coronavirus non deixou de aumentar, ata acadar no día de hoxe 44 contaxiados nos últimos 14 días, cunha tasa de incidencia acumulada de 1443 por 100.000 habitantes, o que representa o 1,44% da poboación de Oia.

Neste cribado se practicou a proba PCR a 1.284 veciños (dos 2.124 citados, isto é o 60,45%). Por tanto, se fixo a proba PCR ao 42,11% da poboación total de Oia (3.049 hab.).

A nova situación conleva maiores restricións, destacando o peche perimentral do noso Concello. Nesta mesma situación están en total 60 concellos en toda Galicia, entre eles todo o Baixo Miño e Baiona. O peche perimetral afecta de maneira individual a cada concello, e só se poderá saír por motivos excepcionais entre os que destacamos a adquisición de alimentos e bens de primeira necesidade, coidado de maiores, menores e dependentes, acudir a bancos....

A hostalaría e restauración deberá permanecer pechada en interior, terrazas ao 50% ata as 18h, e estará permitida a recollida de comida no local ata as 22h ou servizo a domicilio ata as 00h.

O aforo dos lugares de culto será 1/3 da súa capacidade máxima permitida. Velorios (10 persoas interior-25 exterior), enterros (25 persoas).

Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.

RECOMÉNDASE restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.

Máis información na sección de CORONAVIRUS

EVOLUCIÓN CORONAVIRUS CONCELLO DE OIA:

Pin It on Pinterest

Share This