COVID-19: Situación actual desde 5 de novembro de 2020

A Xunta de Galicia ven de publicar o Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Pode consular o Decreto no DOG Núm. 223-Bis de 5 de novembro.

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pode consultar a Orde no DOG Núm. 223-Bis de 5 de novembro.


O Goberno do estado ven de publicar o Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-COV-2.

Pode consultar o real decreto no BOE nº 282 do 25 de outubro.


A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde de 21 de outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención xerais e específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 e que afectan ó Concello de Oia.

Pode consultar a orde no DOG nº 212-Bis do 21 de outubro.

Pin It on Pinterest

Share This