Curso de elaboración artesanal de conservas en Viladesuso

A iniciativa desenvolverase en abril e está organizada pola Asociación Eurural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural celebrará en Oia un curso de elaboración de conservas artesanais.  A actividade desenvolverase o próximo mes de abril no centro veciñal de Viladesuso e o prazo de inscrición xa está aberto.

Esta iniciativa forma parte do itinerario formativo ‘Coas mans na masa’, unha iniciativa de animación, formación e posta en valor do territorio organizada por Eurural. Desenvolverase no centro veciñal de Viladesuso os días 12, 13 e 14 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas.

O curso vai dirixido a toda a poboación dos concellos que forman o GDR14 (Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui). A inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario. https://eurural.org/inscricion-coas-mans-na-masa-2021/

Outros cursos da Escola Eurural

Xunto co curso de elaboración artesanal de conservas a celebrar no concello de Oia, a Escola Eurural tamén oferta no mes de abril dous cursos de elaboración de ungüentos naturais en diversas localidades no ámbito de actuación do GDR14. Concretamente, un deles terá lugar en Mos, mentres que o outro está programado en Pazos de Borbén.

Na seguinte ligazón pódense consultar os cursos activos e acceder aos formularios de inscrición. (https://eurural.org/escola-eu-rural/)

Pin It on Pinterest

Share This